
Seguen chegando traballos para o MÍVICO. Desta vez damos a benvida a Eduardo Armada co seu Proxecto "Las dos vidas de Ernesto Pena" Unha curtametraxe de xénero "dramatico-cómico-esistencial" que nos chega dende Vigo.
Ernesto Pena chamase Ernesto Pena pero podería ser calquera de nós. Traballa coma contable nun taller mecánico e aparentemente é un tipo absolutamente normal, nada fai presaxiar que de un momento a outro a súa vida dará un xiro insospeitado, sinxelamente... deixará de existir.
Director:
Eduardo Armada
Produción:
Producciones Maragota
