BASES MIVICO GALEGO

MIVICO 07
I MOSTRA INTERNACIONAL DE VIDEOCREACIONS DO CONDADO

BASES
1)
MIVICO é un evento cultural organizado por Quadra producións que trata de achegar a videocreación galega e internacional, a terras do Condado

2)
A I edición do MIVICO celebrarase dende o 01 de Setembro ata o 6 de Outubro do 2007 en terras de O Condado. Haberá unha primeira parte do festival que consistirá nunha mostra itinerante polos distintos concellos do Condado onde se exhibirán as obras elixidas polo comité de selección. Haberá unha segunda parte que se celebrará os días 4, 5 e 6 de Outubro na vila de Ponteareas onde o público poderá disfrutar da sección Zúmballe e da sección Oficial.

3)
Dentro do panorama do video experimental haberá un apartado para o documental, outro para a videocreacción de ficción (curtametraxe) e un apartado para a videocreación Galego-Portuguesa todos eles dentro da sección Oficial. Na sección chamada ZÚMBALLE, ensinaranse novas propostas e tendencias do panorama audiovisual actual.

4)
A duración máxima dos traballos presentados non deberá exceder dos 30 minutos, excepcionalmente se aceptarán traballos de maior duración se así o considera o comité de selección.

5)
Poderán participar na mostra toda aquela persoa que así o desexe, cun máximo de duas obras por persoa. Aceptaranse todo tipo de formatos cunha calidade óptima para a sua reprodución, non hai límite no formato de gravación, dende videocámaras profesionais, telefonía móvil, cámara de fotos, webcam…). Si a obra chega nun idioma distinto o galego ou español, terá que vir acompañado da transcripción a un de esos idiomas para que a organización poida subtitulala. As obras presentadas teñen que ser posteriores o 1 de Xaneiro do 2005

6)
A inscripción realizarase enchendo a ficha de inscripción que podedes atopar na seguinte paxina.

mivico.blogspot.com

www.myspace.com/mivicofestival

o enviando un correo a:

mivico@quadraproducions.com

Unha vez enchida a folla de inscripción enviarase unha copia do traballo en formato DVD, recorda que si enviades mais de un traballo, estos terán que chegar en distintos DVDs.
2 fotos dixitales dalgún fragmento da obra de 150ppp
Calquer outro tipo de material que se considere oportuno (carteles, folletos, press-book,etc.) será totalmente opcional.
O envio desta documentación farase a seguinte dirección.

MIVICO 07
I MOSTRA DE VIDEOCREACIÓNS DO CONDADO
O PICOUTO Nº 2 (FONTENLA) PONTEAREAS
36865 PONTEVEDRA- GALICIA- ESPAÑA


7)
As obras que non cumpran os requisitos anteriormente sinalados non serán admitidas a selección

8)
Os gastos de envío das obras correrán a cargo dos participantes. As obras recibidas pasarán a formar parte da videoteca particular da mostra.

9)
As obras seleccionadas serán proxectadas públicamente durante os días da celebración da mostra, enténdese que os autores das obras otorgan a súa autorización para tales proxecións. Os autores das obras tamén autorizan o uso dun fragmento da obra ( max. 3 minutos) para a súa difusión en calquera medio de comunicación, así como os traballos premiados cederán os seus dereitos de reprodución para a edición dun DVD con carácter promocional e co fin de difundir as obras e a mostra.

10)
A participación no MIVICO07 significa a aceptación destas bases.

11)
A organización da mostra designará un xurado de prestixio no eido audiovisual para a concesión dos distintos premios. A decisión do xurado será inapelable.

12)
Premios

MIVICO 07 A mellor videocreación documental
MIVICO 07 A mellor videocreación ficción (curtametraxe)
MIVICO 07 PREMIO DO PÚBLICO A mellor videocreación Galego-Portuguesa


13)
A contía dos premios estará determinada polo orzamento final da Mostra.

14)
O prazo de presentación das obras estará aberto dende o día 25 de Abril ata o 3 de Agosto. A organización do evento resérvase a posibilidade de aumentar o plazo de recepción de obras segundo o número de traballos recibidos.

1 comentarios:

MÍVICO dijo...

Hola a tod@s,
A data de inscripción do MIVICO comeza xa!!!
será a partires do 25 de Abril cando podedes enviar os vosos traballos.
Recordar que solo tedes que copiar e pegar nun documento word a ficha de inscrición, e mandalo xunto cos vosos traballos a direción antes proposta.

un saudo libertario.