Primeiros traballos


Comezan a chegar os primeiros traballos, temos a honra de presentarvos o primeiro deles encadrado no xénero de videocreación documental. Esperamos que sexa o primeiro de un montón de boas propostas.

Crónicas de pizarra e xiz é un relato da brutal represión cometida contra o pobo galego a partir de 1936, narrado dende a perspectiva de quen busca xustiza e recoñecemento para un pobo sometido a un plan xenocida: Campos de concentración, "paseos", torturas, detencións, desterros... Unha metodoloxia represiva posta ao servizo do terror para favorecer a unha oligarquia militar e eclesiastica que convertiu aos cidadáns en prisioneiros da intolerancia.
Director:
Xan Leira
Produción:
Acuarela Comunicación
Televisión de Galicia

0 comentarios: