Arrincaron as itinerancias







Pois unha moi boa experiencia a do Bar Patos, cada vez que imos alí, tratannos con moito cariño, e iso agradecese. Por non falar do ben que se cea acompañados da música dos Miñor Swing, o lado da praia, con unha lua espectacular, que mais queremos, que estivera unha noite de moito calor... Sabemos dende nenos que todo non se pode ter...
Pois arrincamos as itinerancias do MÍVICO 07, propoñendolles a xente un menú variado consistente en:
apetitoso primeiro plato coa proxección de MAQUINA curtametraxe de Gabe Ibañez, que non entra a concurso, un luxo contar con traballos de tanta calidade, seguimos co traballo de Eva Drangsolt "All Shall Be Well", unha critica o pasotismo dos estamentos mundiais ante conflictos globais, (sección oficial) e con uns pinchos videocreativos da man Elí Martín co seu traballo ROJO que formaba parte desta primeira itinerancia. Rematamos a parte videocreativa con CALIDOSCÓPICA de Lara Bacelo e THREE BILLION ELECTRON VOLTS de ID:Mora pertencentes os dous a sección competitiva do festival. Como apetitoso postre, o público ali presente poido disfrutar do documentario, MIRANDO EL MUNDO AL REVES de Marta Pujol, un repaso a traves do grupo CHE SUDAKA do panorama musical e cultural, e do estado das cousas por onde eles habitan.
Esa foi a nosa proposta para esta primeira itinerancia. A xente disfrutou dela, e nos contentos que estamos.
bicos pa tos...

0 comentarios: