Rectificacions


Pois como esta era unha pre-selección, estamos a tempo de facer algúns trocos, uns por obligación, e outros por simple despiste.
No apartado de curtametraxes caese da lista a curta portuguesa " Deus nâo quis" por causas axenas a organización do festival.
En canto ós despistes temos que engadir no apartado de videocreacións dous excelentes traballos da noruega Eva Drangsholt que quedaran olvidados no máis fondo de un armario. En fin, cousas que pasan. Os traballos en cuestion son:
"All Shall Be Well?" Traballo que cuestiona a irónica actitude dos estamentos ante conflictos globais.
"The Oslo Phone Book" é unha canción onde a letra está tomada da guía de telefonos da cidade de Oslo.
Tamén contarvos que na primeira itinerancia do MIVICO 07 a realizar no Bar Patos o día 21 de Setembro Venres, poderemos disfrutar da actuación do grupo Miñor Swing, autentico swing/jazz que nos chega dende o Val Miñor.
Esperamos que disfrutedes de esta xornada de apertura do MIVICO 07 no Bar Patos.

0 comentarios: