Rolda de prensa


A falta dunha semana para o arranque do festival, hoxe tivemos a rolda de prensa de presentación ós medios de comunicación, nela, entre outras mentiras, tamén se falou da estrea do documental que presentará en exclusiva no MÍVICO 07, a mosense Lara Bacelo "Conversas con Deus" sobre a vida de Pastor, poeta pontearean. Deronse a coñecer o contido dos obradoiros preparados para o sábado día 6. O primeiro deles será o de "Música electrónica", obradoiro impartido por Alex Mera e Iago Martinez, dous menbros do Colectivo Oruga. Nel poderemos aprender dos seus trucos á hora de facer música en directo con distintos softwares e diversos aparellos como o "electribe" ou o "kaos pad". A continuación e despois de tomarnos un aperitivo, daremos paso o seguinte obradoiro "Videocreación en directo", desta vez o encargado de impartilo será Miguel Seoane, artista multimedia vigues autor, entre outras cousas, do software Perrogato v.1.0


Contido:
PERROGATO v.1.0 é un software para o tratamento de video en tempo real desenvolvido no entorno MAX.

Esencialmente consta de duas canles de video independientes (A e B). En cada unha destes canles pódense cargar 5 clips de video e unha cámara, a canle A tamen dispón dun xenerador de texturas.

En cada canle pódese controlar a velocidade, modo de loop, brillo, saturación, contraste e algúns efectos de video.

A mestura das canles podese realizar por fundido ou por croma (clickase a cor elexida para o croma directamente na imaxe que estea monitorizada na canle A).
Tamen dispon dun "tap" para regular automáticamente o comenzo a tempo de cada loop ou os cambios no xenerador de texturas (para utilizalo só hai que percutir o tempo desexado na letra "z" do teclado do ordenador ou teclear o tempo en milisegundos).

Os clip de video poden ser "disparados" sinxelamente, porque cada un está asociado a unha tecla. Tampouco é complicado cargar novos clips sin necesidade de colapsar o programa, simplemente se arrastra dende a carpeta que conteña o video ata a vista previa do clip.

PERROGATO v.1.0 funciona en tempo real con unha latencia imperceptible, é moi estable incluso despois de estar funcionando a pleno rendemento durante muitas horas e ofrece un espectro de posibilidades moi amplo para o vj.

0 comentarios: