

MIVICO 07 e AUDIENCIA ZERO veñen de chegar a un acordo no que a asociación cultural portuguesa vainos axudar na busqueda de videocreadores portugueses que poidan participar neste primeiro festival da videocreación, que se vai celebrar em terras de O Condado o 4, 5 e 6 de Outubro, ademais de difundir as novas relacionadas coa Mostra que vaian xurdindo de aquí o comezo do festival.
Non solo isto senon que tamén o MIVICO 07 terá participación musical portuguesa con grupos integrados dentro da proposta lanzada por Audiencia Zero, "Eixo Norte/Galiza".
Agradecemos dende este lado do Minho o interese mostrado por Audiencia Zero e a sua xente, pola difusión do MIVICO 07 dende os primeiros momentos.
Quadra producions apoia o " Eixo Norte/Galiza" iniciativa creada para o intercambio cultural entre os dous paises, que está permitindo que artistas de ambos lados da "raia" traspasen fronteiras cos seus traballos.
+ info:
www.audienciazero.org/eixo/
1 comentarios:
Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira.(If you speak English can see the version in English of the Camiseta Personalizada. Thanks for the attention, bye). Até mais.
Publicar un comentario