Memoria

Proxeccións:

Máis de 300 artistas participaron nas dúas anteriores edicións da MOSTRA.
O carácter independente e alternativo, e a calidade das obras recibidas foron
dando forma ao MIVICO facendo deste un referente da cultura audiovisual no sur
de Galiza.
Portugal, Inglaterra, Noruega, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos, Catalunya,
Madrid, Euskadi...e por suposto Galiza, fan da MOSTRA un evento internacional
aberto e sensible a creatividade.
En canto á resposta do público podemos sentirnos satisfeitos pola boa acollida
que tivo nos anteriores anos, sendo isto, xunto coas obras, o motor principal do
MÍVICO.

Itinerancias:

Unha das premisas do MÍVICO é a divulgación e promoción das obras recibidas.
Este feito fixo que as proxeccións fosen nómadas e non só se vinculasen ao emprazamento
e ás datas propias da MOSTRA, ofrecendo, de forma pública e gratuita,
unha selección dos traballos que cada ano foron chegando ás nosas mans.

O Espazo Sonoro:

O sonido, a música, é un elemento inherente ao videoarte, e polo tanto vai adherido
á programación da MOSTRA.
Para isto o MÍVICO interactúa coa asociación portuguesa AUDIENCIA ZERO elaborando
cada ano un cartel musical atractivo é aberto á experimentación sonora e
visual:
Musgo (Porto), Smartini (Porto), U-Clic (Thomar), Sean Riley & The Slowriders
(Coimbra), fixeron dos concertos unha festa que acercou a un maior número de
persoas a esta proposta de exploración musical dentro do MIVICO.

Obradoiros:

Ante o puxante crecemento de artistas visuais e o acercamento das tecnoloxías
ao público máis profano, hai unha nova corrente que debe ter cabida no ámbito
da creación.
“Make yourself” (faino ti mesmo)
Hoxe en día, unha simple webcam, un teléfono móvil, permitelle á xente ter a
posibilidade de crear historias en calquera lugar e momento.
Estase a conseguir un cinema máis participativo, menos laborioso, máis orixinal,
sen a necesidade de ter que gastar tantos recursos económicos e técnicos.
O noso interese é o de dar a coñecer as ferramentas necesarias para poder crear
a partires de elementos comúns e de uso cotiá, cada día máis presentes na nosa
rutina.

Exposicións:

O MIVICO solidarízase e colabora coas causas xustas, creando espazos de exposición
que acheguen ao público o reflexo dos problemas que acontecen ao noso
redor.
Máis alá do ámbito social e reivindicativo, a MOSTRA está aberta a calquer tipo
de corrente artística, servindo de plataforma para a súa divulgación.
Nas anteriores edicións contamos coa exposición fotográfica: “Por un Sahara
Libre” que facíase eco do conflicto no que está envolto o pobo saharaui.
Contamos tamén cun espazo de proxección onde se reproduciron as obras da
artista visual galega “MARULA ”. Unha videojockey que trunfa nos clubs de moda
de varias capitais europeas e asiáticas e que dende Beijing, onde vive e traballa
como directora de arte da produtora Science of Sounds, enviounos o seu traballo
para facer do MIVICO unha mostra aínda máis internacional e sen fronteiras.

0 comentarios: