Aernout Mik

As videoinstalacións de Mik xogan con tres factores que permitenlle esa evocación surreal do noso presente e que son punto de partida para a reflexión social. Por un lado as súas películas, nas que as personaxes enfrentanse a situacións extremas –dende un terremoto a unha caída da Bolsa–, captadas sempre de xeito sorprendente e con movementos erráticos, hipnóticos e repetitivos. Por outro, as esceas sucedense sen son, o que fai que percibamos os xestos e movementos dos vídeos dun xeito intuitivo, sin unha identificación precisa. A todo isto, Aernout Mik unelle a montaxe das pantallas, entre a arquitectura e a escultura, que lle confire ao conxunto un ambente envolvente, inquedante e suxestivo ao mesmo tempo, polo que debemos movernos e participar de forma activa.

Falan del en:
El Cultural
masdearte.com
MOMA

0 comentarios: