A televisión abstracta: Nam June Paik


Contestar que é o vídeo é como contestar que é a vida.
Dise que un 80 % da información humana chégannos a través dos ollos. Outro 12% da información percíbese a través do oido, por exemplo a música; o 0,3% da nosa información chéganos a través do olfato e o resto a través do tacto. Polo tanto, o vídeo controla ata o 90% da nosa información sensorial.
O vídeo é como a vida.
O vídeo é como un soño. (Nam June Paik)

GLOBAL GROOVE (1983, 30', emitida por vez primeira polo canal WNET de New York en xaneiro de 1984.)
Esta é a obra máis representativa de Paik, así como unha das obras máis representativas do videoarte por conter e sintetizar case tódalas referencias do entorno artístico do vídeo.
A cinta é unha homenaxe e unha paráfrasis audiovisual da teoría de McLuhan sobre as tecnoloxías da comunicación e, particularmente, da televisión, que convertiu o globo terráqueo nunha aldea(...)
Paik estructura a cinta como un collage de música, danza, actuacións folklóricas, performances, publicidade e ata manipulacións de imaxes que proceden de espacios informativos de televisión, en bloques nunca rematados e sempre interrumpidos, como se tratárase de editar a operación do zapping, o acto de cambiar constantemente de canais de televisión de diversos países de oriente a occidente.
A cinta pasa dunha danza con música rock dos sesenta a Allen Ginsberg cantando cunha cadencia monótona unha oración budista acompañándose de pratos tibetanos, do rostro distorsionado de Richard Nixon a unha actuoación do Livinf Theatre(...)
(Do libro "El Arte del Vídeo" José Ramón Pérez Ornia)

0 comentarios: