2050 How soon is now?


Hoxe abrimos o blog con unha moi boa nova para o MÍVICO, xa que contaremos coa participación do documentario gañador na ultima edición dos premios Mestre Mateo.

2050. How soon is now? aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Neste documentario danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático. A meirande parte delas foron entrevistadas no cumio mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal, sendo este o relevo do anterior cumio de Kioto.

A actualidade e o interese global por este tema queda patente con outras producións semellantes que están a ter repercusión no panorama internacional, como An incovenient truth dirixido por Davis Guggenheim e no que participa Al Gore, ou o producido por BBC e emitido en Documentos TV, O escurecemento global. Consideramos de gran valor este proxecto documental por varios aspectos; pola súa vocación internacional: case todo el gravado en inglés con entrevistados de interese mundial, polo rigor científico do seu contido: documentación e teses corrixidas e formuladas polos científicos contactados, pola actualidade do tema, pola calidade e contundencia dos entrevistados: todos eles levantaron a voz de alarma ante este feito.

Fonte: Axencia audiovisual galega
Titulo: 2050 How soon is now?
Versión en galego: Cambio climatico, o reto do seculo XXI
Dirección: Ruth Chao, Javier Silva
Produción: Tvsiete

0 comentarios: