... e mentres tanto



Seguen a chegarnos traballos de todas partes do globo, como por exemplo a videocreación " I.T." que nos manda Ana Santos dende o Reino Unido, ou "Falling down" do videocreador noruego Jan Hakoon, "Lucid Lunch" da neoiorquina Megan Ehrhart (ver foto) ou o documental da barcelonesa Marta Pujol sobre o grupo catalán Che Sudaka "Mirando el mundo al reves".

Estamos moi contentos de que esta primeira edición do MIVICO 07 teña unha acollida tan "internacional" porque sabemos que hai linguaxes que non se falan. Unha aperta moi grande para todos e esperamos que os mais tardóns envien as suas obras con celeridade. Xa queda menos para que o MIVICO 07 sexa unha realidade.
Unha aperta para tod@s.

0 comentarios: