Remata o prazo de inscripcion


Chegados a este punto, dentro de escasas horas rematará o prazo de inscripción do MIVICO 07.
Damos as grazas a todos aqueles que non dubidaron en participar nesta I edición do MIVICO 07,
e os que mandaron os traballos no ultimo momento que non se preocupen, estaremos pendentes
da sua chegada ata dentro de dez días. Agora chega o momento de seleccionar as obras que formarán parte
do festival. Confiamos que o Comite encargado da selección faga unha boa escolla, cousa que será doada,
dado o alto nivel dos traballos recibidos.
Recordarvos que o festival celebrarase en Ponteareas (Galiza) os días 4, 5 e 6 de Outubro do 2007 no auditorio
da Vila. Dentro do festival haberá 3 apartados, un para a videocreación, outro para os traballos documentarios
e outro para as curtametraxes.
A mediados do mes de Agosto daremos a coñecer os traballos selecionados, desexamoslle sorte a todolos participantes.
Unha aperta grande.
Foto: "Mirando el mundo al reves"
Xenero: Documentario (Catalunya)
Dirección: Marta Pujol

0 comentarios: