Inaguracion MIVICO 07


Conversas con Deus´ inaugura a I Mostra Internacional de Videocreación do Condado
28-09-2007

A estrea do documental experimental Conversas con Deus, da directora de Mos Lara Bacelo, abre o xoves 4 de outubro a partir das 19h00 as portas da I Mostra Internacional de Videocreación do Condado. A directora propón neste traballo experimental un repaso pola vida e a traxectoria vital do poeta ponteareán Pastor.


Así o deu a coñecer a organización na presentación oficial para medios de comunicación que tivo lugar esta mañá no MARCO.

No acto presentouse ademais a programación, que pivota sobre tres pés fundamentais: a videocreación, a música e os obradoiros. Durante os tres días que dura o festival, pasaranse no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas ao redor de 50 traballos procedentes de diversos países do mundo.

Presentáronse ademais os "Miviquiños", os deseños dos premios que se entregarán aos gañadores.

Fonte: Axencia audiovisual galega

0 comentarios: