Estamos en marcha



Pois arricar non foi para nada doloroso, todo o contrario, os nervios esfumaronse, permitironnos traballar e disfrutar deste primeiro día. Un exitazo a estrea de "Conversas con Deus" se alguén se merecía algo era Turi, e onte o vimos contento e disfrutando de todos aqueles aplausos. A xente respondeu a chamada do Mívico 07 e criticou os traballos que alí poideron ver... e ata tivemos alfombra "azul" para a estrea. ¡E canta xente estivo traballando para a ocasión!, Cati, Mari, Diego, Dami, Sevas, Xani, Rober, Adri, Yanara, Sonia, Marcos, Cuco, Alex, Luis, Iago, Gabi, Pablo... Que seriamos sin eles...
Pois hoxe mais, e tanto. Por si non nos chegaba coas duas sesions (S3; S4) pois ala, concerto!!!!. Pois sí concerto no pub FLOWERS do grupazo portugues SMARTINI, esto será as 00,30, música ao vivo, como ten que ser. Esperamos encontrarnos polas proxeccións ou polo concerto, e sobre todo esperamos pasalo ben. unha aperta

0 comentarios: