Bases MÍVICO 08 Galego


MIVICO 08
II MOSTRA INDEPENDENTE DE VIDEOCREACIONS DE O CONDADO

BASES

A segunda edición da Mostra Internacional de videocreacions de O Condado, MIVICO 08 terá lugar do 12 de Setembro ao 5 de Outubro de 2008.

1)
MIVICO é un evento cultural organizado por Quadra producións que trata de achegar a videocreación galega e internacional, a terras de O Condado

2)
Haberá unha primeira parte do festival que consistirá nunha mostra itinerante por distintos concellos da comarca onde se exhibirán algunha das obras elixidas polo comité de selección.
Unha segunda parte do festival celebrarase os días 3, 4 e 5 de Outubro no auditorio da vila de Ponteareas onde o público poderá disfrutar da sección Zúmballe e da sección Oficial, ademais de poder votar a mellor videocreación Galego-Portuguesa.

3)
Haberá un total de tres seccións:

a) Apartado para o documentario, sección ZÚMBALLE, onde poderase ver novas propostas do documentario máis comprometido.

b) Apartado para a videocreacción de ficción, curtametraxe, sección RUDOVICO.

c) Apartado para a videocreación EXPERIMENTAL.

Todos eles dentro da sección oficial.

4)
A duración máxima dos traballos presentados non deberá exceder dos 30 minutos, excepcionalmente se aceptarán traballos de maior duración se así o considera o comité de selección.

5)
Poderán participar na mostra toda aquela persoa que así o desexe, cun máximo de duas obras por persoa. Aceptaranse todo tipo de formatos cunha calidade óptima para a sua reprodución, non hai límite no formato de gravación, dende videocámaras profesionais, telefonía móvil, cámara de fotos, webcam…). Si a obra chega nun idioma distinto o galego ou español, terá que vir acompañado da transcripción a un de esos idiomas para que a organización poida subtitulala. As obras presentadas teñen que ser posteriores o 1 de Xaneiro do 2006

6)
A inscripción realizarase enchendo a ficha de inscripción que podedes atopar nas seguintes paxinas.
www.mivico.blogspot.com
www.myspace.com/mivicofestival

ou enviandonos un correo a:
mivico@quadraproducions.com

Unha vez enchida a folla de inscripción enviarase unha copia do traballo en formato DVD, recorda que si enviades mais de un traballo, estos terán que chegar en distintos DVDs.
2 fotos dixitales dalgún fragmento da obra de 150ppp
Calquer outro tipo de material que se considere oportuno (carteles, folletos, press-book,etc.) será totalmente opcional.
O envio desta documentación farase a seguinte dirección.

MIVICO 08
II MOSTRA INDEPENDENTE DE VIDEOCREACIÓNS DO CONDADO
CASQUIZOS, 4 - RIBADETEA (PONTEAREAS)
36865 PONTEVEDRA- GALICIA- ESPAÑA


7)
As obras que non cumpran os requisitos anteriormente sinalados non serán admitidas a selección

8)
Os gastos de envío das obras correrán a cargo dos participantes. As obras recibidas pasarán a formar parte da videoteca particular da mostra.

9)
As obras seleccionadas serán proxectadas públicamente durante os días da celebración da mostra, enténdese que os autores das obras otorgan a súa autorización para tales proxecións. Os autores das obras tamén autorizan o uso dun fragmento da obra ( max. 3 minutos) para a súa difusión en calquera medio de comunicación, así como os traballos participantes cederán os seus dereitos de reprodución para a edición dun DVD con carácter promocional e co fin de difundir as obras e a mostra.


10)
A participación no MIVICO 08 significa a aceptación destas bases.

11)
A organización da mostra designará un xurado de prestixio no eido audiovisual para a concesión dos distintos premios. A decisión do xurado será inapelable.

12)
Premios

Premio ZÚMBALLE ó mellor documentario
Premio RUDOVICO á mellor ficción (curtametraxe)
Premio EXPERIMENTA á mellor videocreación
Premio do público á mellor videocreación Galego-Portuguesa


13)
A contía dos premios estará determinada polo orzamento final da Mostra.

14)
O prazo de presentación das obras estará aberto dende o día 27 de Abril ata o 3 de Agosto. A organización do evento resérvase a posibilidade de aumentar o plazo de recepción de obras.

0 comentarios: