Os da Ría no MÍVICO 09


O grupo OS DA RIA regresan ós escenarios no MIVICO 09

 Os rumores por fin collen forma e, "enchenos de orgullo e satisfación" anunciar que o esperado regreso do grupo artistico Os da Ría, vaise producir en terras de O Condado, será en Outubro, durante o transcurso da terceira edición do festival MÍVICO.

Tras manter conversas cos responsables do grupo e despois de comprobar que as diferenzas entre os membros estaban resoltas, sentamos a negociar os termos do acordo, o cual se fraguou durante o festival de Cans, a pesar de que Kiko Veneno cantaba alto e dificultaba a comunicación entre as partes. Despois de dar a volta a moitos flecos a negociación pendía dun fio, a proposta final, chea de AMOR, convenceu aos membros do grupo, que acceden así a voltar ós escenarios no festival MÍVICO 09

Para a organización do MIVICO  supón un reto moi grande traer un grupo de estas dimensións, por iso esperamos que o povo de Ponteareas esté a altura das circustancias, e saque as suas mellores roupas para recibir ós artistas como se merecen. Para iso a organización esta pensando na posibilidade de preparar un recibimento especial do cal non imos a dar detalles por motivos de seguridade.

Proximamente iremos adiantando horarios dos actos de benvida, estadía e aloxamento, para que os fans non se queden sen o seu recordo.

Por último agradecer o grupo o esforzo que fai por re-estrearse en Ponteareas. Vos deixamos un pequeno aperitivo aquí pendurado

chao-bicos

http://www.youtube.com/watch?v=4iSX_a1_pf0

O Vingador Paradigma

0 comentarios: